RGPD - Cookies
Cultura

Derradeiros días para asistir a ArtFutura

Tes 8 horas de ArtFutura
Tes 8 horas de ArtFutura

Esta fin de semana será a derradeira na que se exhiba no salón de actos do MARCO o programa audiovisual de ArtFutura 2009, que estará en marcha este xoves 26 (de 19.00 a 21.00), venres 27 (de 19.00 a 21.00), e sábado 28 (de 17.00 a 21.00).  Un total de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura e a creatividade dixital .O programa deste ano conta con máis de oito horas de material, que inclúe un especial de animación con obras seleccionadas dos 20 anos de ArtFutura (‘The Best of the Rest’), as novas seleccións do 3D Futura Show e 3D en España, documentais sobre a obra de Chris Landreth, PES e Digital Kitchen, dous programas retrospectivos e dúas novas seccións: Reality Bytes (dedicada aos novos documentais) e Futura Graphics.

También te puede interesar