Vigo al minuto

Peatóns, bicis e lixo no Lagares

O lixo acumúlase nos contedores e chega incluso ao carón do río. Foto: Favec
O lixo acumúlase nos contedores e chega incluso ao carón do río. Foto: Favec

Contenedores a rebosar co lixo desparramado, limpezas da maleza que deixan ao descuberto escombros e verquidos de instalacións deportivas pola falla de conexión ao saneamento. Estas son só algunhas das deficiencias coas que se atoparon os voluntarios que esta fin de semana levaron a cabo labores de limpeza do paseo do Lagares no tramo final do río. Tras atoparse con isto, a Federación Veciñal ‘Eduardo Chao’ pide ao Concello que «amose un mínimo de conciencia medioambiental» con este espazo e acabe co lixo que se acumula a carón do paseo e chegan ata o cauce do río ou os escombros que agora xa non tapa a maleza cortada.

Maleza e escombros compiten por un espazo no paseo. Foto: Favec
Maleza e escombros compiten por un espazo no paseo. Foto: Favec

A Federación Veciñal considera que o Concello incumpre a normativa municipal e provoca un dano continuado nese ecosistema ao non conectar as instalacións deportivas á altura de San Andrés de Comesaña á rede de saneamento, xa que as augas das duchas e dos vestiarios van parar a un rego que finaliza directamente no Lagares. Unhas medidas mínimas que piden para recuperar este espazo natural para a disfrute e lecer dos vigueses, xa que cada fin de semana centos de persoas acuden a este espazo para pasear ou andar en bici, xa que é un dos poucos lugares nos que se pode utilizar sen riscos.

Varios voluntarios recolleron e limparon as matas esta fin de semana. Foto: Favec
Varios voluntarios recolleron e limparon as matas esta fin de semana. Foto: Favec

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.