_agenda Agenda

Os 21.000 visitantes máis solidarios

Unha das últimas edicións de Vigolandia.
Unha das últimas edicións de Vigolandia.

Todo o recadado irá a parar a colectivos que traballan a prol dos máis desfavorecidos. Vigolandia abre as súas portas do 26 ao 30 de decembro no Ifevi, onde se habilitarán máis de 20.000 metros cadrados como espazo de lecer e entretemento para toda a familia. O ano pasado máis de 21.000 persoas pasaron pola «perla» da programación de Nadal do Concello de Vigo, onde haberá grande variedade de actividades, dende inchables e obradoiros, ata zonas deportivas, parques de educación viaria ou teatro. E todo a prezo de crise: 2 euros para os menores de 14 anos e 3 para os adultos.

De xeito paralelo haberá outras actividades de lecer, como as visitas do Carteiro Real virtual do Auditorio Municipal (hoxe e mañá en horario de 17 a 20 horas, o venres de 11 a 13 horas e xa a partir do domingo recollerá as peticións en horario de mañá e tarde) ou obradoiros e contacontos infantís na lonxa do Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.