Deportes Destacados

Máis de 40 adestradores póñense ao día no I Clinic de Baloncesto

Gran acollida do I Clinic de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, no que participaron máis de 40 adestradores de toda Galicia ao longo dunha xornada de posta a punto nas instalacións do colexio Celso Emilio Ferreiro. César Iglesias, o novo adestrador do Amfiv e ex director do Rosalía santiagués na Adecco LEB Prata, e Félix Muñoz, que acadou o ascenso a LEB Oro do Beirasar Rosalía, foron os encargados de instruir aos asistentes sobre ‘Construcción defensiva’. Primeiro trataron a defensa individual e despois a progresión metodolóxica e de aprendizaxe dunha presión defensiva a toda pista.

Mentres, Quino Salvo abordou os ‘Conceptos de ataque contra defensas zonais’, presentando aos asistentes a súa filosofía do ataque contra as defensas zonais, explicando ideas e conceptos que utilizou ao longo de toda a súa traxectoria, primeiro como xogador, logo como adestrador.

Por outra banda, Pablo Sánchez, preparador físico do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, falou das novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación con exercicios en posición estática e posición dinámica que provacan un estiramento dinámico, diferenciando o traballo nas diferentes categorías de formación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.