Galicia

Rueda recoloca a Ángeles Vázquez en Política Social e sitúa a Nicolás Vázquez al frente de Medio Ambiente

A saída de Fabiola García provoca un cambio no Goberno galego

Rueda recoloca a Ángeles Vázquez en Política Social e sitúa a Nicolás Vázquez al frente de Medio Ambiente
Alfonso Rueda, despide, antes da reunión do Consello da Xunta, á Conselleira saínte de Benestar, Fabiola Garcia,

A. Buendía | vigoalminuto

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns dous cambios no seu Goberno tras a saída, a petición propia, de Fabiola García como conselleira de Política Social e Igualdade. Ángeles Vázquez, ata agora responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático, ocupará o seu lugar, mentres que Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria, asumirá a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Os dous novos conselleiros tomarán posesión este martes 27 de outubro, ás 09.00 horas, no Pazo de Raxoi.


Ángeles Vázquez

O relevo supón un cambio de responsabilidades para Ángeles Vázquez, que leva unha década no Goberno galego e estivo á fronte de distintas áreas desde a súa incorporación en outubro de 2015. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi alcaldesa de Melide en dúas etapas, entre 2004 e 2007 e entre 2011 e 2015. Tamén foi concelleira, deputada provincial na Coruña e membro do Congreso dos Deputados.

A súa primeira responsabilidade na Xunta foi a Consellería do Medio Rural. En setembro de 2018 pasou a dirixir Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e, desde abril de 2024, ocupaba a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Agora asumirá a área de Política Social e Igualdade, que xestiona, entre outras materias, os servizos sociais e as políticas de igualdade.


09,30 h.- O conselleiro do Medio Rural, José González, presidirá a toma de posesión do novo secretario xeral técnico da Consellería, Nicolás Vázquez, e do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. No salón grande de Presidencia. foto xoán crespo 14/09/2020

Nicolás Vázquez, de Industria a Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático quedará en mans de Nicolás Vázquez Iglesias, ata agora secretario xeral de Industria. Nado en Lugo en 1974, é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Enxeñaría Industrial pola UNED. Antes de incorporarse á Administración autonómica, traballou como consultor en sistemas de información e desempeñou distintas funcións no Instituto Enerxético de Galicia entre 2001 e 2015.

Desde ese ano é funcionario do corpo facultativo superior da Xunta, na escala de enxeñeiros industriais. Entre novembro de 2015 e setembro de 2020 foi vicesecretario xeral na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En setembro de 2020 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, posto que ocupou ata xuño de 2023, cando pasou a exercer como secretario xeral de Industria na Consellería de Economía e Industria. En maio de 2024 asumiu tamén competencias en Desenvolvemento Enerxético.


OuTraS NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.