A Deputación reivindica en Vigo o seu compromiso coa cidade

E os preto de 40 millóns comprometidos nos dous primeiros anos de mandato

A Deputación reivindica en Vigo o seu compromiso coa cidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reivindicou hoxe en Vigo o modelo
implantado polo seu goberno de “escoitar, entender e atender”. O edificio de O Tinglado do Porto foi o escenario escollido para organizar o acto de balance de metade de mandato, nunca antes na historia do organismo provincial se celebrara un acto deste tipo na principal cidade de Galicia. Coa asistencia de alcaldes e concelleiros da maior parte dos 61 concellos da provincia, así como de representantes de colectivos de todos os ámbitos da vida social e todas as comarcas e representantes doutras institucións con presenza na provincia.

Compromiso con Vigo

A aposta polos concellos inclúe, tamén, a cidade máis importante da provincia, como sinalou a vicepresidenta, Luisa Sánchez, quen salientou que nunca unha administración provincial tivo tan presente a Vigo porque a Deputación está en cada un dos grandes proxectos transformadores”. Nesta liña, fixo referencia aos 13 millóns de euros destinados á Grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos, a recuperación do Cine Fraga, «o rescate de 6,2 millóns de euros, correspondentes ao mandato anterior, que se ían perder, para executar diversas obras de mobilidade na cidade»; a dotación de 5 millóns cada ano, a través de convenios bilaterais, os 2 millóns destinados a apoiar a 180 entidades deportivas; a colaboración cunha vintena de asociacións veciñais; a subvención de máis dun milleiro de actos culturais ou a inclusión do Underfest Xacobeo na marca de festivais de música Rías Baixas Feste.

A vicepresidenta sostivo que «queremos que os case 40 millóns de euros de investimento comprometido en Vigo nestes dous anos sigan aumentando.Porque máis Vigo é máis provincia”.

Impulsar mellores servizos e infraestruturas

Durante o acto, o presidente, Luis López, asegurou que o logro destes dous anos de xestión, non está tanto nunha cifra-máis de 235 millóns de euros- ou nunha obra en concreto, como «nun novo e necesario xeito de gobernar», unha marca que o abrangue todo e na que caben todos: vivan onde vivan, pensen o que pensen, voten a quen voten. «Falo de escoitar, entender e atender”, resumiu Luis López quen afirmou que «escoitamos á provincia, e froito de ter o cinco sentidos postos no territorio, extraemos media ducia de conclusións que son as bandeiras do noso goberno”, apuntando a presenza da Deputación na provincia cunha cifra: 4.530 actos de goberno realizados nestes dous anos, un 83 % máis co anterior goberno a estas alturas de mandato. “Entendemos que o futuro pasa por impulsar 61 apostas de investimento en 61 concellos, entendemos que o movemento veciñal é un
motor que tiña que recuperarse, entendemos que esta é a provincia do deporte, que as Rías Baixas son
mar e son interior
, que a Deputación actúa ante o reto demográfico cando descentraliza a súa actividade e, finalmente, entendemos que a cultura é o selo de identidade do noso territorio”
.

Investimentos nos concellos

“A nosa prioridade número un son os concellos”, comentou o mandatario provincial. A proba é que «nestes dous anos, a Deputación mobilizou 235 millóns de euros que se traducen en 600 actuacións» a través dos 96.4 millóns do Plan +Provincia, 59 grandes investimentos cos 38 millóns do Plan Extra e 180 modernizacións de equipamentos deportivos a través dos dous Plan Extradordinarios de Infraestruturas Deportivas, dotados con 12 millóns; 40 actuacións ao abeiro do PON2030, de 28,1 millóns de euros e 17 millóns para mellorar a rede viaria a través de convenios con 19 concellos e coa posta en marcha de 43 obras en 30 municipios impulsadas polo servizo de Infraestruturas.

Deporte

Vivimos na provincia do deporte; e a nosa misión tamén está definida: queremos que todo o mundo o
saiba. Nestes dous anos aplicamos unha estratexia transversal que alcanza tanto aos equipamentos como
aposta polo talento dos deportistas, da base á elite”
, sinalou Luis López antes de deterse en cifras como os 36 millóns de euros para 215 actuacións en infraestruturas deportivas, o apoio a 720 deportistas da provincia que viron como as axudas incrementáronse nun 50%, a celebración de grandes eventos en distintos puntos da provincia, como o paso de La Vuelta por segundo ano consecutivo, as series mundiais de tríatlon ou a aposta para que Vigo sexa sede do Mundial 2030; así como medidas novidosas coma as axudas para o turismo deportivo ou o programa DepoVan.

Turismo

Luis López adiantou que «estamos e camiño de atraer 2 millóns de persoas ao noso territorio”, e puxo o foco na promoción por primeira vez do interior da provincia a través da premiada campaña ‘Cando Volves?i. «Escoitar ao sector para deseñar a nova estratexia de turismo Rías Baixas 61, o excelente trato ao visitante nacional e o crecemento do turismo internacional, a posta en valor da tranquilidade como selo dun destino familiar, sustentable, desestacionalizado e descentralizado; a potenciación de produtos propios como o enoturismo ou o Camiño de Santiago».

Descentralización

López engadiu que para afrontar o reto demográfico, o goberno provincial decidiu apostar polo apoio á xuventude, con 2,5 millóns de euros investidos nun departamento especificamente creado para este fin; como por organizar eventos sociais, culturais e deportivos lonxe das áreas urbanas, como os Mestre Mateo en Lalín, os mundiais de Enduro no Deza ou a Gala de Turismo en Moraña. “Axudamos a afrontar este reto cando trasladamos a nosa actividade fóra dos eidos urbanos”, dixo.

Cultura

O último deses seis eixos, concluiu o presidente, é a cultura, que conta con dúas puntas de lanza. “A primeira, a recuperación da Bienal de Arte Contemporánea, que regresa logo de 15 anos a Pontevedra e conta con sedes en Vigo, Ponteareas, O Grove, Sanxenxo e en Pontevedra; e a segunda “o Teatro Cine Fraga, a gran xoia cultural de Vigo que reabrirá as súas portas como un equipamento cultural de referencia no Noroeste de España” resumiu, citando tamén programas reforzados como o Culturea, +Música, Pontevedra Literaria ou os festivais de cinema, música e artes escénicas que espallan a cultura por toda a provincia.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.