Comarcas

O Concello de Gondomar aproba un novo programa de axudas para as comunidades de augas

Paco Ferreira, subliña que «dará continuidade ao ambicioso programa de analíticas e apoio técnico, iniciado polo Goberno municipal»

O Goberno local vén de aprobar un novo programa de axudas para as comunidades de augas que abrangue control do PSA, alta no SINAC e formación ás directivas das comunidades. O alcalde, Paco Ferreira, reuniuse esta semana cos técnicos da Asociación Traídas Agua Rural (COXAPO) para formalizar un novo convenio que «dará continuidade ao ambicioso programa de analíticas e apoio técnico iniciado polo Concello».

Este proxecto, asegura Ferreira, «continuará grazas á firme aposta do Goberno municipal, para apoiar ás comunidades de augas na mellora dos seus sistemas de xestión e control sanitario». O carácter diferenciador, engade o alcalde, é que non hai ningunha administración que subvencione este proxecto que, aos controles xa existentes suma analíticas obrigatorias.

Tres tramos

Así, o programa pilota en tres tramos, o primeiro o Control do PSA (Plan Sanitario da Auga): dirixido ás comunidades que xa participaron na primeira fase e que contan con analíticas completas e inspeccións previas das súas instalacións. Ademais, está aberta á incorporación de novas comunidades de augas que xa manifestaron o seu interese en acceder a este servizo.

Alta e actualización no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo): imprescindible para que as comunidades poidan subir e actualizar os seus resultados analíticos na plataforma estatal do Ministerio de Sanidade, un requisito legal que só é posible tras aprobar o PSA.

Charlas formativas: que permitirán ás directivas das comunidades de augas recibir orientación detallada sobre as obrigas básicas e a xestión eficaz das súas infraestruturas. O Concello pon o foco en formar e informar ás persoas que están ao fronte das comunidades, ofrecéndolles orientación práctica sobre as súas obrigas, o mantemento das instalacións e o cumprimento da normativa sanitaria. Trátase de reforzar a capacidade de autoxestión e de garantir que o servizo de abastecemento se preste nas mellores condicións posibles.


Tamén en vigoalminuto


Un modelo sostible de xestión da auga

Paco Ferreira salienta a «importancia deste programa como unha aposta clara pola saúde pública e a colaboración co tecido veciñal e comunitario», lembrando o compromiso do Concello con aquelas comunidades que «prestan un servizo básico á veciñanza».

Con esta iniciativa, conclúe o alcalde, «o Concello de Gondomar reafirma o seu compromiso cun modelo de xestión da auga transparente, legal e sustentable, apoiando directamente ás comunidades que xogan un papel fundamental no abastecemento en zonas do rural».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.