O Concello de Nigrán selecciona a 4 auxiliares de Turismo para a prestación de servizos de información e atención ao público durante a tempada de verán, cando aumenta a demanda, tanto de peregrinos como de turistas vacacionais. Importante: o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata este mércores 11 de xuño e toda a información está pendurada na sede electrónica do Concello. O acceso é libre polo procedemento de concurso-oposición.
- Detenido el sexto fugitivo de la lista de “Los 10 más buscados”
- Los vigueses nos mojamos a lo grande: lluvia récord en sólo seis días
- Pacientes dan un sobresaliente a la atención en el Hospital de Día Oncohematológico del Cunqueiro
A duración do contrato é do 16 de xuño ao 11 de setembro de 2025 cun prazo máximo de 89 días, debendo finalizar en todo caso o 30 de setembro (para o caso de que a contratación vaia máis alá do día 16 de xuño). O traballo é a tempo completo (37,5 horas semanais) de luns a domingo en horario de mañá e/ou tarde en función das actividades programadas desde o Concello e sempre cos descansos establecidos legalmente.
Para poder optar ao posto é requerimento posuír o Ciclo Superior en Guía Turístico, Información e Asistencia Turísticas ou equivalente ou o certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante.



