A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno o patrocinio da etapa 16 de La Vuelta ciclista a España deste ano para a promoción do destino Rías Baixas, cunha achega de 140.000€. “O deporte é unha ferramenta fundamental para a promoción da nosa provincia”, remarcou o presidente provincial quen engadiu que esta proba se ten convertido “nun dos mellores escaparates de promoción turística do mundo”.
Combarro-Mos
Esta etapa que patrocinará a Deputación terá lugar o día 9 de setembro e desenvolverase entre Combarro, no Concello de Poio, e o Castro de Herville, no Concello de Mos. Trátase dun percorrido de 173 quilómetros que ascenderá a catro portos de montaña e permitirá amosar espazos da costa da provincia e tamén do interior, moi en liña coa campaña de promoción do organismo provincial deste ano, ‘Cando volves?’.
Tamén en vigoalminuto
- Down Vigo estrena su nueva sede en el Casco Vello, con más de 1.100 metros cuadrados
- El Concello de Vigo tendrá que garantizar que el ruido de Navidad no vulnere los derechos de una vecina de Areal
- El alumnado del CIFP Manuel Antonio convoca huelga para exigir clases seguras y libres de amianto
17 millóns de espectadores
La Vuelta a España é seguida cada ano por máis de 17 millóns de telespectadores e ten repercusión en 190 países. “Así que esta etapa, de seguro, será un gran revulsivo para captar a atención de turistas de todo o mundo porque as imaxes que capta o helicóptero de La Vuelta son, sen dúbida algunha, a mellor campaña que un territorio pode facer”, destacou o presidente Luis López.





 
 
 
 
