A asociación ecoloxista ADEGA, presentou hoxe no Rexistro Xeral da Xunta 1.415 solicitudes de arquivo do expediente de tramitación da concesión de augas do río Ulla para a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei, por incumprir os prazos legais de resolución.
Este rexistro masivo tivo lugar o día no que se fai un ano desde a data límite legal (30 de maio de 2024) na que Augas de Galicia debera ter arquivado o expediente de solicitude de concesión de Altri por ter excedido o prazo máximo de resolución, entendéndose desestimada. Malia a ter transcorridos os 18 meses de prazo máximo que fixa o Regulamento de Dominio Público Hidráulico para resolver os expedientes de concesión, Augas de Galiza persiste en manter en trámite o procedemento administrativo derivado da solicitude de Altri para a captación de 46.000 m3/día de auga do río Ulla con destino ao uso industrial na macrocelulosa de Palas de Rei.
Irregularidades na tramitación
Dende ADEGA subliñan que as irregularidades na tramitación da concesión de augas provocaron unha manchea de críticas e animaron a milleiros de persoas e entidades galegas a subscribir nos últimos meses a solicitude de arquivo do expediente de augas. Ao acto público de rexistro das solicitudes tamén acudiron representantes dalgunhas das entidades que colaboraron con ADEGA na recompilación dos escritos dirixidos a Augas de Galiza. Así, estiveron presentes voceiros da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), da CIG, e dos Grupos Vivos organizados en torno á defensa do Ulla nas localidades de Compostela e comarca, Santiso, Agolada, Palas de Rei, Arzúa, do Baixo Ulla, entre outros, aos que ADEGA dirixiu un agradecemento expreso que fixo extensíbel a todas as persoas que participaron nesta campaña de sinaturas.
A concesión de augas, de camiño aos xulgados
A concesión de augas é un dos trámites administrativos da factoría que aínda fican por resolver por parte da Xunta para autorizar a macrocelulosa, e ten unha especial importancia para o proxecto. O outorgamento da concesión de augas é imprescindíbel para que o proxecto de Greenfiber sexa viábel xa que “sen auga, non hai celulosa“, pois é un elemento esencial no proceso industrial de fabricación de pasta de papel.
Ademais en vigoalminuto
- Down Vigo estrena su nueva sede en el Casco Vello, con más de 1.100 metros cuadrados
- El Concello de Vigo tendrá que garantizar que el ruido de Navidad no vulnere los derechos de una vecina de Areal
- El alumnado del CIFP Manuel Antonio convoca huelga para exigir clases seguras y libres de amianto
- Más de 700.000€ para la nueva cubierta y el césped artificial del campo de fútbol de Samil
- La Policía desarticula en Vigo y Nigrán una organización dedicada al tráfico de cocaína y marihuana
- O BNG de Vigo esixe a Caballero que deixe de rirse da cidade cos seus anuncios sobre vivenda
Dada a relevancia que a concesión de augas ten para a macrocelulosa de Altri-Greenalia, ADEGA e a Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) rexistraron hai 15 días un recurso de alzada contra a desestimación por silencio administrativo de Augas de Galiza da solicitude de arquivo do expediente. O recurso de alzada é o paso previo á interposición de recurso contencioso-administrativo contra Augas de Galicia no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que se fará efectivo en caso de que a Xunta non acceda a arquivar o expediente de augas nos próximos dous meses.
ADEGA, PDRA, CIG e os Grupos Vivos reunidos diante do rexistro da Xunta apelaron á cidadanía galega a participar na mobilización deste domingo, 1 de xuño, que terá lugar en Pontevedra baixo o lema “Nin Ence na Ría, nin Altri na Ulloa”.








 
 
 
 
