A pensión media en Galicia – que comprende a contía das distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e favor de familiares) -situouse nos 1.126,10€ este mes de maio, un 4,79% máis que o mesmo mes de 2024, segundo datos publicados hoxe polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Aínda asi, segue a ser a segunda máis baixa de España– so por diante da de Estremadura, onde é de 1.107,62€- e lonxe dos 1.311,4€, que é a pensión media no conxunto do Estado.
A pensión de viuvez, preto dos 800€
En total, 782.963 galegos percibiron algún destes tipos este mes. xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares 488.227 persoas cobraron unha pensión de xubilación en Galicia, cunha media de 1.289,60€. Pola súa banda, 81.332 galegos ingresaron de media 1.096,42 euros por pensión de incapacidade permanente; .outros 183.189 percibiron 796,35€ de media por viuvez e 23.294 mozos cobraron 524,26 euros por orfandade.
No conxunto de España, a pensión media de xubilación, que perciben 6,5 millóns de persoas, situouse en maio en 1.505,5€ mensuais, un 4,4% máis que en maio de 2024.