A Xunta vén de comunicar que desde este martes 27 de maio quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares. A Consellería do Medio Rural indica que «non se darán máis permisos e que os xa concedidos non terán validez a partir de mañá”.
Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, porto que están planificadas e os efectivos que as levan cabo dispoñen dos medios de extinción precisos.
Tamén en vigoalminuto
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxeccións
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julio
- “No estaba preparado”: la joven de Vigo que acabó bailando con Chayanne
Esta decisión foi tomada, precisa Medio Rural, logo avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os indicadores que inciden no risco de lume. Como o ano pasado, a Consellería pide a colaboración da cidadanía «para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares».






