Comarcas

Esixen a PSOE, BNG e AER que expliquen o seu plan para revogar o ‘goberno zombi’ de Digna Rivas, en Redondela

Logo de que a alcaldesa perdese a cuestión de confianza

Esixen a PSOE, BNG e AER que expliquen o seu plan para revogar o 'goberno zombi' de Digna Rivas, en Redondela

O grupo municipal do PP de Redondela-que ten 10 dos 21 concelleiros e concelleiras da Corporación- vén de esixirlle ás forzas de esquerdas, PSOE, BNG e AER, que expliquen e informen publicamente á cidadanía, no prazo máis breve, o seu plan e posibles acordos para revogar canto antes o goberno zombie” dirixido por Digna Rivas – en palabras do voceiro independente, Roberto Villar, no pleno do luns– e poder rematar o mandato municipal que vence no ano 2027 con certa estabilidade e atención aos veciños.

Os propios integrantes do Goberno municipal, recoñecen que non funciona

Os populares, logo deanalizar a situación que se abre no Concello de Redondela tras a perda da confianza da maioría do pleno á xestión da alcaldesa, lembran que o goberno non funciona, segundo as propias palabras dos seus integrantes e do seu socio de investidura nacionalista.

A xuízo dos populares, o “foco do problema” é Digna Rivas, “pola súa absoluta incapacidade” mentras “fala de que a situación está bloqueada, como se non fora ela é a responsable”. Ao mesmo tempo, “o BNG acusa de incumprimentos a todo o mundo, pero nega calquera acordo con ninguén” e AER láiase da inestabilidade que padece o goberno, como se non estivera no mesmo”.

Javier Bas, voceiro municipal do PP, insiste en que neste escenario, algo terán que facer os grupos que levantaron as súas 11 mans no pleno de investidura para colocar a Digna Rivas na Alcaldía.


Tamén en vigoalminuto


Incapaces de sacar adiante un simple asfaltado

Bas apunta a que os propios integrantes do Goberno municipal admiten que “non son capaces de gobernar, de alcanzar ningún acordo e nin sequera de sacar adiante un asfaltado”, polo que apelou á súa responsabilidade para mudar esta situación de inmediato. “Redondela leva seis anos perdidos e os dous últimos totalmente paralizado e non pode seguir así dous anos máis ata as eleccións de 2027”.

Neste senso, o ex alcalde explica que PSOE, BNG e AER teñen maioría na corporación, con 11 concelleiros, “o normal sería que alcanzaran un pacto para garantir a gobernabilidade nos dous próximos exercicios ou, en caso contrario, deixar paso a outro executivo“.

“Espectáculo esperpéntico”

Ante esta situación, e o “espectáculo esperpéntico que o goberno de Redondela está a ofrecer a toda Galicia e que supón xestión cero e seguir, como dixo AER, deambulando como un goberno zombie”, Javier Bas entende que os tres partidos que votaron a Digna Rivas como alcaldesa “teñen que dar explicacións inmediatas e responder ante a cidadanía“, que foi a que os designou como os seus representantes públicos.

“As e os redondeláns teñen dereito a saber cal é a folla de ruta para os dous próximos anos, e non vale agocharse este mes –prazo para que os oramentos queden aprobados automáticamente poa fala de censura- e que logo todo siga nesta deriva de deterioro, subindo impostos, adebedando facturas,perdendo axudas, enfrontándose aos veciños, creando problemas con obras innecesarias, non executando os investimentos que se precisan e insultándose entre eles.

Finalmente, o PP agarda por esa resposta de socialistas, nacionalistas e a Agrupación de Electores, logo de que desbotasen unha moción de censura para rematar coa etapa de Rivas á fronte do Concello de Redondela, “malia que moitos deles admiten que a alcaldesa é o problema”.

Paralelamente, adianta Javier Bas, os populares están a estudar diversas accións políticas para emprender nas próximas semanas co obxectivo de favorecer a gobernabilidade e a xestión.

Te podría interesar