A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,8 millóns de euros para que A Cañiza, Barro, Cambados, Meis, Moaña, Mondariz, O Grove, Ponteareas, Ribadumia, Salvaterra e Valga impulsen novos investimentos e contraten a 54 persoas ao abeiro das liñas 1 e 3 do Plan +Provincia 2025.
Traballo
- Así, A Cañiza, Barro, O Grove e Ribadumia reciben 762.406 € para contratar a 54 persoas desempregadas. En concreto, A Cañiza contará con 119.895 € para contratar a 10 persoas como peóns de obras públicas (4), condutores (4) e mozos de recollida de lixo (2).
- Barro con 98.505 € para que 7 persoas desempeñen as funcións de peóns de parques e xardíns (5), peón de transporte en xeral (1) e condutor en xeral (1).
- Moaña con 212.481 € para 17 persoas como peóns especialistas medioambiente – forestal (6), peóns especialistas xardineiros (6), peóns de obra pública (3), oficial albanel enterrador (1) e oficial electricista (1).
- O Grove con 132.007 € para que 14 persoas desempeñen as funcións de peóns de obra pública (4), peóns de limpeza (3), condutores (3), peóns de xardinería (2), animador sociocultural (1) e auxiliar de museo (1).
- Ribadumia con 192.659 € para contratar a 6 persoas desempregadas como peóns de obras públicas (3), albanel (1), monitor de tempo libre (1) e técnico de administración xeral (1).
Outras novas
- El Concello compra dos pisos para ponerlos en alquiler
- 30 gramos de heroína, cocaína, hachís y 1.000€: desmantelado un punto de droga en la rúa Aragón
- Intervienen 2.551 kilos de sardina en Aldán
- “Eiras no es de Vigo”: Ángeles Vázquez acusa a Caballero de apropiarse del agua y le recuerda sus ocho derrotas judiciales
- 500 corredores emulando ‘Carros de fuego’, se lanzan este domingo a la arena de Praia América
- Prohibido el baño en O Muíño por contaminación microbiológica del agua
Investimentos en Barro, Cambados e Meis
Así, a través da liña 1, Barro recibe 64.806€ para completar o financiamento das obras de mellora dos accesos ao parque da natureza da Ría de Barosa, que conta xa con 367.234 € do Plan Extra;
Cambados 197.994 € para o proxecto de reforma e posta en valor do Pazo Torrado e os seus xardíns, que
conta tamén con 500.000 € do Plan Extra; Meis 72.499 € para a humanización da rúa Igrexa desde a praza
de España ata a conexión coa EP-9402,que recibiu 410.823 € do Plan Extra.
Mondariz e Valga
Mondariz beneficiarase de 74.808 € para o acondicionamento e mellora da impermeabilización, accesibilidade e eficiencia enerxética do pavillón municipal, que completan os 423.990 € do Plan Extra, e Valga de 202.375 € para o acondicionamento e renaturalización da zona norte da lagoa de Porto Piñeiro, que recibiu tamén 700.000 € do Plan Extra.
Moaña, Ponteareas e Salvaterra
Moaña recibe 202.764 € para o proxecto de reposición dos servizos municipais e pavimentación da rúa entre Os Valos; Ponteareas 59.605 para a adquisición dun inmoble destinado á oficina de turismo, e Salvaterra de Miño 150.367 € para a mellora do parque infantil e da área deportiva da Canuda.






