Cultura

«Doutor Zhivago» xa dispoñible en galego

Publicado pola Editorial Galaxia

Editorial Galaxia publica na colección Literaria Universal a novela más mítica da narrativa rusa do século XX «Doutor Zhivago», de Borís Pasternak, traducida por Aleksandr Dziuba.

Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, a publicación de «Doutor Zhivago» non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o Premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixeron máis que engrandecer este mito.

Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna

A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectores e lectoras en numerosas linguas, e agora por fin o fai tamén na nosa. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, acompañamos a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir.

Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia.

Borís Pasternak (Moscova, 1890-Peredelkino, 1960). Poeta, novelista e tradutor (Rilke, Verlaine e Shakespeare), foi unha das voces máis senlleiras da literatura rusa do século XX. Ademais de Doutor Zhivago, a súa primeira e única novela, salientan os seus poemarios «A miña irmá a vida» (1922) e «O segundo nacimento» (1931).

Morreu marxinado polas autoridades soviéticas e sen comprender que estas o tratasen como un inimigo, cando o seu único delito fora “mostrar ao mundo as belezas do seu país”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.