Destacados Vigo al minuto

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

En total suman 214 prazas, 32 para Bombeiros

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

Xa están aprobadas as bases para as oposicións ao Concello de Vigo dos anos 2020, 2021 e 2022. As mesmas permitirán a cobertura dun total de 214 prazas vacantes na admnistración local.

32 bombeiros

Así, a primeira fase da convocatoria comeza coas vacantes en bombeiros: 32 prazas, das que 30 son de acceso libre: sarxento en extinción incendios (2 de promoción interna); bombeiro (23) e condutor bombeiro (7).

«As prazas de Policía Local incluídas nestes procesos selectivos xa están resoltas«, segundo apuntou o alcalde. De feito, Abel Caballero deu a benvida, o mércores, a 21 novos axentes- 18 homes e 3 mulleres-. Deste xeito, apuntou, a Policía Local de Vigo conta ahora mesmo con 330 efectivos: 1 intendente; 2 inspectores principais; 12 inspectores; 24 oficiais e 291 axentes.

Insuficiente

Aínda así, estas oposicións ao Concello non semellan suficientes para o Comité de Persoal. En varias ocasións, a última hai un ano, denunciou que as políticas do Goberno municipal «nos están a levar a un desmantelamento dos servizos públicos municipais». Así mesmo, alertaban da “destrución constante de emprego público”.

Departamentos sen persoal

Seguindo este fío, os representantes sindicais insisten en que hai departamentos sen o persoal necesario; péchanse, “sen pudor” oficinas como as de Benestar Social o un dos parques de Bombeiros, “o cal repercute nos cidadáns máis vulnerables”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.