Galicia

‘A Dona de Esteiro’, de Lula Goce, candidato ao mellor mural do mundo

A artista, nacida en Baiona, concentra en Nigrá o maior número de obras

'A Dona de Esteiro', de Lula Goce, candidato ao mellor mural do mundo

A desbordante beleza da ‘Dona do Esteiro’ rebosa fronteiras ao punto de ser candidata ao mellor mural do mundo. Este ‘milagre’ natural de rostro feminino e aderezado con garzas, flores, mar e prantas é obra da artista internacional Lula Goce. Foi o Concello de Nigrán a que a contratou o ano pasado a transformación da gran medianeira de 250 m² situada na esquina entre rúa Argonautas e Romana Baixa e o muro da piscina. 

Lula Goce

Artista nacida en Baiona e con taller en Nigrán concentra na localidade o seu maior número de obras de toda Galicia, sendo esta a súa primeira medianeira do Miñor. Así, no 2018 pintou a fachada do CEIP Carlos Casares de Vilariño; no 2020 o Campo Municipal de Condomínguez de Priegue e, no mesmo ano, un gran mural en Panxón. 

Este lugar é, grazas á intervención de Lula, unha icona de Nigrán que impacta pola súa beleza e pola súa capacidade de transfigurar lugares. A obra compite na prestixiosa plataforma internacional de arte urbano ‘streetartcities’ contra 50 murais situados en todo o planeta, desde Arxentina, Brasil, Francia ou Chile, a Italia.

Asi, dende o Concello animan á veciñanza a votalo na web de streetartcities.com para que gañe ese merecido recoñecemento. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.