Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba investir 3,7 millóns en concellos e obras de seguridade viaria

No Pleno celebrado este venres

A Deputación aproba investir 3,7 millóns en concellos e obras de seguridade viaria

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a mobilización de 3,7 millóns de euros para a execución diferentes obras na provincia. Así, deu luz verde-cos votos de PP e BNG- dunha modificación de crédito por valor de 1,3 millóns de euros para investir na mellora de dotacións e equipamentos de infraestruturas do territorio, así como dunha prórroga por valor de 2 millóns de euros do acordo marco para obras de beiravías de seguridade na rede viaria da Deputación.

Deses 1,3 millóns, 490.000€ corresponden a créditos extraordinarios, mentres que os 811.000€ restantes fináncianse con remanentes líquidos de tesourería. No caso das beiravías, a prórroga por valor de 2 millóns divídese en tres zonas: norte (665.125€), centro (738.228€) e sur (595.975€).

Cambio de titularidade de estradas

A sesión serviu tamén para certificar o cambio de titularidade de varias estradas provinciais en Tui, A Illa de Arousa, Marín e Valga que agora pasan a ser de titularidade municipal, así como a modificación de proxectos para executar diversas actuacións en Covelo, Lalín, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo ou Vila de Cruces financiados con
recursos do programa provincial ReacPon.

8,8 días, período medio de pago a proveedores

Así mesmo, o presidente Luis López deu conta do período medio de pago da Deputación de Pontevedra a provedores que foi no mes de xuño de 7,36 días e en xullo, de 8,8 días. «Unha cifra significativamente menor dos 37 días de media que arroxan o resto de entidades locais do Estado».

Seguridade viaria

Do mesmo xeito, o pleno informou da resolución presidencial para o desbloqueo de 350.000 euros que se destinarán a mellorar a seguridade viaria das estradas EP-9702 entre As Sinas e Vilanova de Arousa e a mellora urbana da EP-2202 entre Baiona e Loureza.

Louzán

O Pleno rematou co rexeitamento -cos votos dos populares- da moción presentada polo grupo socialista na que se pedía a destitución de Rafael Louzán como presidente da Federación Galega de Fútbol, en relación ca súa postura no caso do bico non consentido de Luis Rubiales a Jennifer Hermoso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.