Destacados Vigo al minuto

Desconvocada a folga de Vitrasa prevista para este martes, día 29

A empresa pagou a ‘extra’ de decembro aos seus traballadores

O comité de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano de Vigo, retirou hoxe a convocatoria de folga prevista para mañá.

A asemblea de traballadores celebrada o pasado sábado 19 optara por esta medida de presión no caso de que a compañía non liquidase a débeda.

A convocatoria faríase efectiva no caso de que a empresa non abonase antes a paga extra de decembro que non ingresou a comezos de mes supostamente pola falta de pago por parte do Concello das cantidades pactadas para compensar a redución de viaxeiros provocada pola pandemia. 

Vitrasa paga a ‘extra’

Mais a folga quedou desconvocada unha vez que a empresa liquidou a débeda cos traballadores entre os pasados días 21 e 23, ao parecer despois de que o Concello lle abonase 2,2 millóns de euros. Segundo lle comunicou a empresa ao comité, esta cantidade permitiríalle pagar tamén a nómina de decembro

Con todo, dende o comité de empresa, presidido pola CIG, adiantan que «estarán vixilantes para garantir que o cadro de persoal recibe o seu salario en tempo» e evitar que se poidan producir novos atrasos como o acontecido co ingreso da paga extra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.