Cultura

@depo_es abre ao público o Castelo de Sobroso

A Deputación de Pontevedra reabre desde este mércores as portas do Castelo de Sobroso coincidindo coa chegada da Semana Santa.

As persoas que decidan visitar o Castelo de Sobroso poderanse achegar ata este elemento do patrimonio fortificado do destino Pontevedra Provincia nos seguintes días e horarios: de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas e as fines de semana mailos días festivos entre as 10:00 e as 14:00 e entre as 17:00 e as 20:00 horas. Mantendo os seus horarios habituais, o Castelo permanecerá pechado os luns

A apertura chega logo espois dunha extensa tarefa de posta a punto para corrixir certas deficiencias e carencias que presentaban problemas para o seu correcto funcionamento. Estas circunstancias fixeron necesario acometer obras que supuxeron un desembolso total da Deputación de Pontevedra superior aos 300.000 euros.

As obras de conservación estiveron divididas en dúas intervencións nas que se actuou tanto na parcela como na muralla, na capela e na propia edificación do Castelo, obrigando a pechar o Castelo ao público.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.