Deportes Vigo al minuto

O Tao Vigo de taekwondo tentará chegar á final de ‘Go Talent’, este mércores, día 7

Mañá mércores 7 de marzo -a partir das 10 da noite- o Tao de Vigo participará na semifinal do programa ‘Got Talent’ de Telecinco co obxectivo de lograr o pase do taekwondo galego á final deste espazo televisivo de talentos.

O conxunto galego está formado por Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Samuel Alves, Jorge Posada, Iago Davila, Hugo Davila, Sara Davila, Celia García, Alicia Pérez e Eva Morales. Entre eles hai medallistas europeos ou mundiais coma Samuel Meilán, Manuel Rodríguez ou Samuel Alves.

O equipo realizará unha exhibición de 2 minutos de duración coa que intentarán sorprender ao xurado e ao público que vexa o espectáculo dende casa. O programa é en directo e o público terá un papel fundamental.

Cando chegue o momento da actuación do Tao, aparecerá en pantalla un teléfono e haberá só 10 minutos para votar nese número. E deses votos depende o paso a final, porque o  participante máis votado polo público pasa directamente á mesma.

Este verán -aínda que o programa emitiuse o día 12 de febreiro- as e os rapaces do Tao acadaron o pase a semifinal e xa sorprenderon ao público e o xurado e agora prometen aínda máis espectáculo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.