_agenda Agenda

Ponteareas prepara a súa alfombra vermella

Chega o final de maio e Ponteareas comeza a recoller as flores que logo recubrirán o chan da vila. E coa lectura do pregón o vindeiro domingo 30 a cargo do ex alcalde José Castro Álvarez dará comezo de xeito oficial a Festa do Corpus Christi 2010, un xeito de recoñecer o seu traballo a prol destas festas ao longo dos anos «tanto dentro como fóra das nosas fronteiras e que contribuiu en gran maneira a que hoxe esta festa tan senlleira teña a soa internacional da que goza».

Moito fútbol

Ademáis, Ponteareas celebra os vindeiros 12, 13 e 19 de xuño a decimosexta edición do Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base, que se disputará no Campo Municipal de Pardellas e no que participarán equipos chegados de toda Galicia e do norte de Portugal. Serán máis de 1.300 rapaces distribuídos en seis categorías (Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete) os que participarán nunha competición plenamente consolidada e que xa é todo un referente no eido do fútbol base.

Os equipos participantes neste XVI Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base, son .Balaídos, A e B, Teis, Verdugo, Portero 2000, Ourense, Ponte Ourense, Ringe, Oboladas, Sárdoma,  Fundación Celta, Sp. Celanova, Cerveira A e B e os diferentes grupos da escola de fútbol de Ponteareas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.