Destacados Vigo al minuto

As obras de ampliación de Peinador arrancan en verán e durarán ate 2013

Ampliación PeinadorAs obras de ampliación de Peinador, encargadas ao arquitecto Céar Portela, comezarán despois do verán e estarán rematadas en 2013. O presidente de AENA, que estivo hoxe en Vigo para presentar o proxecto, sinalou que a terminal pasará dos 8.700 metros cadrados que ten na actualidade, a  26.000. Juan Lema Devesa subliñou que a obra ten un orzamento de preto de 60 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea, e deixará o aeroporto preparado para acoller a catro millóns de pasaxeiros, 2,2 millóns máis dos que ten hoxe.

O proxecto abrangue unha ampliación da terminal, que pasará a ter 4 plantas: na baixa estará a zona de facturación con 23 mostradores, un control de seguridade con catro postos, a zona de recollida de equipaxes e o vestíbulo de chegada. En total a planta terá 4.700 metros cadrados e acollerá unha zona comercial restaurante e cafetería.

Na primera pranta estará a terminal de saídas que disporá de catro pasarelas e unha superficie total de 3.000 metros cadrados. Das catro pasarelas, dúas serán dobres. No segundo andar estará adicada a oficinas e operacións e superará os 3.500 metros cadrados. Para rematar, o soto estará adicado ao control de equipaxes, adega, almacenaxe e outras instalacións que ocuparán 6.200 metros cadrados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.