Vigo al minuto

As Neves volve a ter electricidade logo de que estivera cortada dende a madrugada do venres, nalgúns lugares

Os veciños de As Neves volven a ter luz. O alcalde nevense, Xosé Rodríguez Méndez, sinalou este domingo que “podemos dar por pechado o lamentable episodio de corte tan prolongado do subministro eléctrico” que, nalgún caso tivo a ducias de veciños sen subministro dente a madrugada do venres ata hoxe á hora de xantar.

Moitos deles optaron por alugar equipos xeradores de gasóleo que, como sinalou algún deles, teñen un custo de entre 120 a 200 € diarios, máis o combustible. Nestas vivendas estes xeradores eran necesarios porque neles hai comida para semanas almacenada en conxeladores.

O alcalde afirmou que ás 10 e media da mañá, repúxose a electricidade en Liñares e parte da Chan de Tortoreos, e á 1 e media nas puntaleiras de Vide.

Rodríguez Méndez  agradeceu a “paciencia das veciñas e veciños, o labor dos traballadores municipais, das empresas Hermanos López e Elect. Condado, que contribuíron decisivamente na resolución dos graves problemas que enfrontamos”.

O alcalde aconsella aos veciños que valoren todos e cada un dos problemas que lle teña  ocasionado este episodio e que dean parte deles as súas compañías aseguradoras. “No suposto de non ter póliza de Seguro no Fogar, os danos causados pola falla prolongada de subministro hai que reclamalos directamente a Fenosa”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.