Vigo al minuto

Seguimento maioritario da folga nos centros de chamadas de Galicia

folgacallcenters

Éxito rotundo da folga no sector dos centros de chamada de Galicia. Os traballadores e traballadoras do sector secundaron maioritariamente a convocatoria da CIG para reclamar un convenio colectivo digno e xusto. O seguimento foi masivo no caso de Vigo, onde unha concorrida manifestación percorreu as principais rúas da cidade, mentres que en A Coruña e Ourense celebráronse concentracións.

En Vigo a manifestación comezou nas instalacións da empresa Unísono na Gran Vía e rematou nas de Bosch en María Berdiales. Na Coruña e Ourense desenvolvéronse concentracións diante da Subdelegación do Goberno e no Parque Tecnolóxico.

A convocatoria chegaba 450 días despois do vencemento do convenio e cunha negociación do convenio colectivo estatal bloqueado. O anterior venceu en decembro de 2014, e despois de 15 meses dende o inicio da negociación non houbo avances.

También te puede interesar