Comarcas

Xosé Rodríguez, candidato á Alcaldía de As Neves, «imos abrir a porta a un novo goberno en As Neves»

Foto: Pily Reñones//Xosé Rodríguez Méndez, candidato á Alcaldía de As Neves

Xosé Manuel Rodríguez, Méndez, Laboralista de 50 anos, veciño de Tortoreos, onde vive coa súa familia, afronta o reto de asumir a Alcaldía de As Neves nun momento de profundos cambios sociais, “aos que non pode ser alleo o concello, se queremos conquerir “a fixación da poboación, a creación de emprego e a mellora dos servizos”.

Estes obxectivos, serán os eixos centrais do goberno formado por “mulleres e homes capaces, novos, que representan ó territorio municipal e a todas as capas da sociedade, que asumen con decisión e enerxía esta tarefa».

As Neves precisa un alcalde que impulse xeitos innovadores de lograr o desenrolo económico, “aproveitando o potencial de As Neves, dando oportunidades a ideas imaxinativas e orixinais, e aos veciños que  están impulsando propostas novas capaces de xerar postos de traballo e desenrolo económico”. As mesmas son unha parte esencial do artellamento económico de As Neves, e “ademáis contribúen ao asentamento e crecimento da poboación”.

O próximo alcalde de As Neves tamén apostará, como fixo nos anos nos que estivo á fronte da oposición municipal, polo diálogo cos veciños, “empezando por escoitar ás parroquias e por dotar aos cidadáns de máis instrumentos de participación, de opinión e de diálogo inmediato cos concelleiros”. Porque, subliña Xosé Manuel Rodríguez, “imos gobernar contando coa xente, escoitando, atendendo aos seus problemas, indo a onde se producen e considerando as súas posibles solucións: só así é posible transformar este concello”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.