Vigo al minuto

Camelias sométese a un rexuvenecemento

O alcalde deu a primeira 'palada' das obras de Camelias/Tresyuno Comunicación

Camelias faise un ‘lifting’ medio século despois da súa creación. O Concello empezou este mércores coa humanización do quilómetro e medio desta rúa que o alcalde, no acto simbólico de colocación da primeira pedra, calificou de “símbolo de Vigo”. Abel Caballero salientou que «dende a súa creación, a principios dos anos 60 do século pasado,  prácticamente ninguén actuou» na súa mellora e, polo tanto, as conduccións soterradas de servizos como a auga suman máis de 50 anos de antigüidade.

Xunto á mellora da superficie, renovaranse as canalizacións de abastecemento, saneamento, pluviais e cableado, colocarase máis dun quilómetro de novas tuberías so no primeiro tramo da reforma, entre Álvaro Cunqueiro e á altura da rúa Ourense – reforma que estará rematada, se se cumpren os prazos, dentro de cinco meses-.

Segundo declarou o alcalde, os puntos de luz da rúa incorporarán sistemas para medir a intensidade lumínica natural e optimizar así o gasto enerxético e un método similar se empregará co rego, pois detectará a humidade para non empregar auga cando chova. A humanización de toda avenida costará  6,5 millóns de euros…eso sí, non se tocará un so dos camelios que lle dan nome, “ao contrario, imos plantar una ducia máis”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.