O barrio de San Bieito, no Porriño, volve ser o epicentro da lectura en Galicia coa celebración da Feira do Libro 2025, que se prolongará ata o domingo, 1 de xuño, baixo o lema deste ano: “Onde florecen os libros”. A feira contará con máis de 40 actividades, cunha programación diversa, inclusiva e pensada para todos os públicos.

A apertura deu comezo cunha actuación das Pandereteiras Pande Atios da Asociación Cultural Os
Penediños de Atios que precedeu a intervención das autoridades alí presentes. O alcalde, Alejandro Lorenzo, salientou que “a cultura é un piar esencial da nosa identidade como vila. Sigamos fomentando a lectura, os encontros culturais e a defensa do libro como ferramenta de crecemento colectivo”.
Durante o acto inaugural, a Secretaria da Federación de Librarías de Galicia, Celia Fernández, subliñou
que “o lema Onde florecen os libros non é só un lema, tamén é unha promesa” e agradeceu ao Porriño “o seu compromiso constante coa cultura e co libro, especialmente nestes tempos nos que é tan necesario crear espazos de encontro arredor da palabra escrita”.
Tamén en vigoalminuto
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxeccións
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julio
- “No estaba preparado”: la joven de Vigo que acabó bailando con Chayanne
O pregón inaugural correu a cargo do poeta Samuel Merino, quen salientou o papel do libro como
ferramenta de liberdade, identidade e encontro social. O seu discurso, cheo de sensibilidade e reflexións
sobre o valor da palabra escrita, culminou con poema. Finalizado o acto, as autoridades acompañaron o
pregoeiro nun percorrido polas casetas da feira.
A feira conta coa participación de seis librarías galegas —Copi-Rey, Paz, Uróboros, Porto, Pedreira e
Cartabón— e entre as actividades previstas se inclúen sinaturas de libros, contacontos, espectáculos, música e obradoiros. A proposta reafirma o compromiso do Porriño coa cultura accesible e participativa. Toda a programación entrando AQUí.






