O Concello de Nigrán iniciou esta semana a remodelación da Alameda da Ramallosa, proxecto que conta cun orzamento de 962.197€ incluídos no ‘Programa Pon2030’ da Deputación de Pontevedra o que implica que a Deputación achegará 769.757€ e o Concello os 192.440€ restantes, debendo estar rematadas no prazo máximo de 6 meses.
Carril bici e itinerarios peonís
Os traballos abranguen unha superficie de 10.888 m² ao carón do esteiro do Miñor e do carril bici, plantexando unha modificación no trazado deste último e dos itinerarios peonís, ata agora moi inseguros en tramos como o do Centro da Terceira Idade, onde se producía un corte e unha confluencia conflictiva entre os diferentes usuarios. Por iso, o tránsito de bicicletas trasladarase íntegramente ao paseo litoral para facelo seguro e atractivo, permitindo ademais que o parque medre eses metros gañados ao carril e quedando así a zona infantil perimetrada por barreiras vexetais e novas vallas, o que o fará máis seguro e autónomo para as crianzas.

Rehabilitación integral
A mellora de toda a Alameda comprende tamén a rehabilitación da súa superficie, moi danada na zona da Capela de San Campio (onde é pedra) e a reposición de céspede e mellora das zonas axardinadas, incluíndo máis arbolado e vexetación en consonancia coa existente e plantas de medio porte que funcionen como elementos de protección. Adicionalmente, substituírase moito do pavimento duro por céspede e dotarase de perímetros de caucho aos elementos de xogo infantil existentes para outorgarlles máis seguridade, cambiase o mobiliario urbano, colocaranse máis bancos e instalaranse aparcabicis na contorna.
Tamén en vigoalminuto
- Bruno y Teo hacen historia en Pésaro: sextos del mundo y la mejor pareja española
- Temperaturas por encima de los 30 grados, hasta el miércoles
- Localizada la joven desaparecida en Vigo
- El tranvía vuelve a Nigrán 58 años después de su desaparición: así era la línea que conectaba la comarca con Vigo
- Sumar xa ten candidata á Alcaldía de Vigo e pon a vivenda no centro: quere limitar os alugueiros en toda a cidade
- Las Illas Atlánticas mantienen el tirón: 450.000 visitantes este verano y un 40% más en septiembre
Parque infantil
Finalmente, o parque infantil está deseñado seguindo un enfoque inclusivo para que todas as crianzas (con ou sen discapacidade) gocen dunha experiencia sensorial, lúdica e social, polo que o principal atractivo será a instalación dun gran conxunto musical único na comarca e que inclúe campás tibetanas, marimba, campás tubulares, xogos de percusión… e a maiores, outro elemento diferenciador será un gran faro escalable que consta de zonas de corda para trepar, tobogán, pontes ou pasarelas.






