O Concello do Porriño vén de poñer en marcha o proceso de selección para contratar 14 persoas desempregadas a través da liña de Activación do Emprego do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra, dirixida á conservación e funcionamento de servizos e instalacións municipais.
Postos
As contratacións, cunha duración de 8 meses, permitirán reforzar de maneira inmediata diversos servizos municipais. No ámbito das obras e o mantemento, incorporaranse un carpinteiro, un soldador e un palista, que desenvolverán actuacións en parques infantís, instalacións deportivas e espazos públicos.
Tamén se convocan seis prazas de peón forestal para tarefas de roza, limpeza e acondicionamento de terreos. Ademais, sumarase un auxiliar de enfermería que prestará servizo na Unidade Asistencial de Drogodependencias, así como catro conserxes que darán apoio en instalacións municipais, encargándose da atención ao público, vixilancia, apertura e peche de espazos.
Así, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salienta que «esta iniciativa supón un paso máis no noso compromiso coa creación de emprego e coa mellora dos servizos municipais. Grazas ao apoio da Deputación, podemos ofrecer novas oportunidades laborais ás persoas desempregadas do Porriño.»
Pola súa banda, a concelleira de Emprego, Rosario Costas, engade que «o proceso de selección xa está en marcha a través do Servizo Público de Emprego e terán prioridade de acceso aos mesmos ás persoas con máis dificultades de inserción laboral«.
Tamén en vigoalminuto
- Vigo encenderá la Navidad ‘en todo el planeta’ el 14 de noviembre
- El alcalde mete prisa a Rueda y López y les pide una reunión «urgentísima» para tratar la financiación del Mundial 2030
- La Séptima enciende sus cámaras: nace una nueva televisión con 400 profesionales y una apuesta por la actualidad
- El Gobierno subirá el salario mínimo un 5,3% en 2027, hasta los 1.286 euros al mes
- Se vas a Calvos de Randín leva unha chaqueta: 9 graos baixo cero que apuntan á baixada de temperaturas en toda Galicia
- Caballero anuncia, de nuevo, asfaltados en 210 calles, tras las constantes quejas por el estado del firme en la ciudad
Requisitos
Para poder participar no proceso, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, ter incluídas nas súas demandas as ocupacións ofertadas e cumprir cos requisitos específicos establecidos na convocatoria para cada posto. As bases de selección e os códigos de ocupación específicos poden consultarse na páxina web municipal, así como nas instalacións de Porremprego.






