O Concello do Porriño vén de presentar a solicitude de subvención á Liña 3 do Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Pontevedra co obxectivo de impulsar a activación do emprego local a través da contratación de persoal para distintos departamentos municipais. A iniciativa, enmarcada dentro do Plan máis Provincia 2025, busca ofrecer novas oportunidades laborais a persoas en situación de desemprego ao tempo que se reforzan os servizos municipais.
Esta iniciativa permitirá crear 18 novos postos de traballo cun investimento total superior aos 282.000 euros, dos cales máis de 211.000 euros serán financiados pola Deputación.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta a importancia desta solicitude para dinamizar o mercado laboral. “Queremos que esta subvención se traduza en novas oportunidades para os veciños e veciñas que buscan traballo. Non só estamos a falar de mellorar os servizos municipais, senón de ofrecer emprego digno a persoas no ámbito público”.
De carpinteiros a peóns forestais ou persoal de mantemento de parques infantís
A concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, explica que “as contratacións abranguen diversas áreas, dando resposta a sectores nos que hai unha demanda laboral importante”. Dentro do departamento de obras municipais, contrataranse un carpinteiro, un soldador e un palista que traballarán no mantemento e mellora de parques infantís, instalacións deportivas e espazos públicos. Tamén se crearán postos no departamento de parques e xardíns, onde seis peóns forestais se encargarán de realizar labores de roza, limpeza e acondicionamento de terreos públicos e zonas rurais.
Tamén en vigoalminuto
- Diogo Jota, jugador del Liverpool, muere en un accidente de tráfico en Zamora
- Abel Caballero pierde votos, pero mantendría una holgada mayoría absoluta, con 18 concejales
- Aumenta en la provincia el número de conductores que circulan sin carné
- Los mejores jugadores de béisbol de Vigo de los últmos 40 años, este sábado en el ‘Old Star Game’
- Povisa incorpora un nuevo retinógrafo de última generación
- Detenido un hombre de 90 años, por matar a su mujer, de 86
No ámbito sanitario, prevese a contratación dun auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias, quen desempeñará funcións fundamentais para o control e administración de tratamentos, ademais de colaborar con outros servizos sanitarios. Ademais, reforzarase a atención nas instalacións municipais con catro conserxes, que traballarán en espazos deportivos, culturais, de emprego e turismo, encargándose da súa apertura, peche, vixilancia e atención ao público.
A convocatoria tamén inclúe perfís especializados, como graduados en Administración, Dereito ou Economía, que desenvolverán un papel clave na captación de ofertas de Emprego para a Bolsa Municipal de Emprego. Tamén se incorporará un publicista-redactor, que terá a función de divulgar as actividades municipais e informar sobre programas de axudas e subvencións, así como un arquiveiro para a organización e mantemento do arquivo municipal.