Deportes

Patos acolle a Copa Nigrán de surf adaptado

Na que participarán 50 deportistas

Patos acolle a Copa Nigrán de surf adaptado

A Praia de Patos será escenario este sábado da ‘IV Copa Concello de Nigrán’ de surf adaptado e tamén a do ‘V Campionato de España de Parasurf’ para deportistas con discapacidade física (clasificatorio para o Mundial, e que se pospón ao 24, 25 e 26 de maio ante as poucas olas desta fin de semana).

Os dous eventos están promovidos desde Quenlla Surf Clube (único clube galego adicado ao parasurf e con sede en Nigrán), Federación Galega e Española de Surf, Concello de Nigrán, Xunta, Fundación Bimba y Lola e Grupo S4.

50 deportistas

Deste xeito, o areal será escenario desta proba lúdica e non competitiva na que participan 50 persoas con discapacidade intelectual de todo Vigo e comarca, máis do dobre que no 2023. Serán 2 horas de competición, de 11:00 a 13:00h, en mangas de 6 deportistas cada 15 minutos. Como cada ano, asistirán usuarios do Club Quenlla, CEE Juan María, Fundación Menela, Igualarte, Centro San Francisco e, por vez primeira, o C.E.E San Rafael. Para moitos deles será a primeira vez que se suban a unha táboa.

Deporte olímpico

«Confiamos en que unha vez que o surf sexa declarado como deporte olímpico se teña por fin en conta á discapacidade intelectual, porque agora só é oficial o parasurf adicado á discapacidade física», explica Luis Pena, presidente de Quenlla Surf e promotor deste campionato que consigue que cada vez máis persoas con diversidade se animen a surfear.

Unha forma de vida

«O surf é paciencia, é perseverancia, é disciplina, intelixencia… No surf non teño rivais, teño compañeiros, porque un só ten a altura deportiva dos rivais cos que se mide, e nese sentido teño aos mellores: son exemplos de superación e de vida», explicou aos presentes Senén Jalda, afectado desde a infancia cunha parálise cerebral que lle afecta á motricidade. El será un dos deportistas da comarca que participe no Campionato de España de Parasurf despois de quedar cuarto o ano pasado, cando só levaba un par de meses practicando. «O surf é unha forma de vida. O surf é a vida e para os surfistas a vida é o surf», concluíu 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.