O Concello inicia a retirada de árbores na Falperra, Castrelos e Arquitecto Palacios

Dende o luns, por «seguridade e mellora ambiental»

O Concello de Vigo inicia o próximo luns 4 de marzo as «obras de seguridade e de mellora ambiental» dos taludes de Falperra, Arquitecto Palacios e Subida á Costa en Castrelos. Os traballos consistirán na eliminación das especies invasoras, que axudan a propagar o lume, como as acacias negras, que poñen en perigo a seguridade cidadá polos amplos espazos que ocupan, e porque se atopan en zonas próximas a vivendas ou estradas.

Ademais da seguridade, «a intervención mellorará a protección dos bens materiais e minimizará os riscos ante un incendio ou un temporal».

Falperra, Arquitecto Palacios e Castrelos

No talude de Falperra as acacias negras substituiranse por árbores frondosas e especies tapizantes resistentes á excesiva exposición ao sol, á temperatura e á contaminación. Nos taludes de Subida á Costa e de Arquitecto Palacios rexenerase o chan con plantacións de árbores de menor altura que os actuais, «para reducir o efecto vela nos días de vento».

As obras comezarán o 4 de marzo no talude de Arquitecto Palacios para continuar no de Falperra e finalizar en Subida á Costa.

Manuel Olivié, no Castro

Co fin de «evitar riscos para a seguridade cidadá ante condicións climatolóxicas adversas», o Concello comenzará esta semana os traballos de poda previos á substitución por árbores de Ginkgo Biloba dos castiñeiros de indias da rúa Manuel Olivié, «que se atopan en peor estado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.