Comarcas

O Concello de Ponteareas consensúa cos afectados as alegacións ao proxecto da N-120

O mesmo inclúe a expropiación dunha vivenda habitada por unha familia

O Concello de Ponteareas consensúa coa Plataforma de Persoas Afectadas as alegacións que se presentarán ao proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120, do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Así, o Goberno municipal de Nava Castro mantivo unha reunión cos veciños e coas veciñas na que comprobaron que o documento inclúe a expropiación de dúas vivendas, unha delas habitada por unha familia.

Durante a xuntanza, que tivo lugar o pasado venres 19 de xaneiro, o Goberno local e os afectados examinaron o documento que vén de publicar o Goberno central no Boletín Oficial do Estado e acordaron presentar diversas alegacións. O obxectivo é impedir que se leve a cabo a demolición da propiedade que está habitada por unha familia, ademáis de buscar unha solución que garanta a execución das obras que dan resposta ás demandas dos veciños e das veciñas das parroquias polas que discorre a estrada.

Seguen as reunións informativas

O equipo de goberno continuará informando sobre o proxecto do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible o próximo luns 29 nunha reunión que se celebrará no Centro Cultural de Xinzo a partir das 20:00 horas. De igual xeito, o documento está exposto no edificio do Concello polo que calquera persoa pode examinalo e presentar as súas alegacións.

Dende o Concello congratúlanse de que o Goberno central publique este documento de mellora da seguridade viaria da N-120, «logo de anos de reclamacións«. Con todo, «lamenta a tardanza á hora de dar cumprimento ás necesidades da veciñanza posto que, segundo os prazos do Ministerio, a licitación da obra debería estar lista desde o pasado mes de novembro». Ademais, o executivo local amosa a súa preocupación sobre a construción da variante que conectará a N-120 coa A-52. O Ministerio non aportou ningún tipo de avance nesta materia.

Da man coas veciñas e veciños

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, indicou que “iremos da man dos veciños e das veciñas para conseguir que o Ministerio modifique este proxecto de mellora de seguridade viaria na estada para impedir que se leve a cabo a expropiación dunha vivenda que está habitada por unha familia”. Incidiu en que “as obras deben estar en consonancia coa contorna e coas características do terreo polo que discorre a Nacional 120”.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.