Destacados Vigo al minuto

En marcha a programación da “Cereixa de auga”, en Beade

Dende o vindeiro xoves, día 1

En marcha a programación da "Cereixa de auga", en Beade

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a programación cultural da “Cereixa de auga” coa inminente chegada do inverno, estando presentes actividades asociadas á época do Nadal.

1 de decembro

O derradeiro mes do ano é inaugurado polo “Acendido da árbore de Nadal”, un evento especial co que se quere facer participe á veciñanza tras ser convidada a participar na elaboración dos adornos da árbore. Está programado para o venres 1 de decembro ás 20:30H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Sábado, 2 de decembro

Ao día seguinte terá lugar o “Festival de baile moderno”, que contará coas intervencións do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Escuela de baile Pasos Bailegalicia e o Grupo de baile moderno EnDanza da A.V.C.D. de Cabral. O acto, programado para o 2 de decembro, dará comezo ás 17:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

9 de decembro

A continuación será a quenda do “II Encontro de Rondallas en Beade”, un evento organizado en conxunto coa Irmandade de Festas de Santa Ana no que estarán presentes a Rondalla do C.S.C.R. de Beade, a Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla Peña Freixo. A xornada comezará cun pasacalle de cada formación dende diferentes puntos da parroquia, tendo como lugar de encontro o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade. Este acontecemento será o 9 de decembro a partir das 16:15H (16:15H pasacalle / 17:00H acto central no Torreiro de Festas). Entrada de balde.

Día 17

O ecuador do mes terá como enfoque cultural o “Festival de corais”, un acto no que intervendrán a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica María Auxiliadora e a Coral Polifónica da S.C.D. “Atlántida” de Matamá. Está programado para o 17 de decembro ás 19:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Visita de Papá Noel e concerto de Nadal

“Visita de Papá Noel” marcará o treito final deste ano 2023, onde a rapazolada de Beade poderá trasladarlle os seus desexos e entregarlle as súas cartas. Esta chegada tan especial terá lugar o 23 de decembro ás 16:00H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Finalmente, o C.S.C.R. de Beade acolle ese mesmo día o “Concerto de Nadal” organizado pola Banda – Escola de Música de Beade, dando comezo ás 18:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

También te puede interesar