Galicia Vigo al minuto

8.595 persoas examínanse na Coruña e Vigo nas oposicións para funcionarios do Estado

Os exames son este sábado e o domingo

O DOG publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre

Un total de 8.595 persoas están convocadas esta fin de semana nas sedes da Coruña e de Vigo aos procesos selectivos da oferta pública de emprego (OPE) para os subgrupos A2, C1 e C2 da Administración Xeral do Estado e estabilización de emprego temporal. As probas distribuiranse entre a xornada do sábado, en horario de mañá e tarde, e a do domingo, en horario de mañá.

A Coruña e Vigo

Asi, para garantir a realización das probas, a Delegación do Goberno mobilizou un total de 535 persoas, empregadas públicas, para as tarefas de organización, loxística e vixilancia. Estas desenvolveranse na universidades da Coruña e de Vigo, nun total de 184 aulas; repartidas por 7 facultades dos campus de Elviña (UDC) e Lagoas Marcosende (UVI).

12 procesos selectivos

Nelas celébranse un total, son 12 procesos selectivos de ingreso libre, estabilización e promoción interna para o Corpo de Xestión e o Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado (subgrupo A2); para o Corpo Xeral Administrativo (C1) e para o Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado (C2).
 
O sábado 16, serán as probas do subgrupo A2, que concentrarán nesa xornada o exame da proba tipo test e, na mesma tarde, o exercicio de resolución dun suposto práctico.  Pola súa banda, o domingo 17 será a quenda dos exames dos subgrupos C1 e C2, que en ambos os casos consisten nunha proba tipo test.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.