Comarcas Vigo al minuto

Ponteareas intensifica a limpeza e conservación da praia da Freixa

«Queremos un espazo natural impecable, seguro e acolledor»

O Concello de Ponteareas xa está a poñer en marcha diferentes actuacións para a recuperación e posta en valor do río Tea ao seu paso pola vila, unha das principais prioridades do Goberno municipal. Estamos comprometidas e comprometidos coa nosa contorna, un espazo natural único que temos que coidar con especial agarimo e no que A Freixa ten un papel importante”, explicou a alcaldesa, Nava Castro.

Neste camiño, o Concello comezou os labores de desbroce e limpeza das marxes do río e das zonas de esparexemento da contorna, así como os traballos de mantemento e conservación dos chiringuitos da Freixa e a apertura dos baños e aseos.

Calidade da auga e socorrismo

Por outra banda, «para garantir a seguridade dos veciños e veciñas», estase a analizar a calidade da auga do río e contrataranse socorristas para o período estival. Como salientou a rexedora, “con estas accións de limpeza, mantemento e conservación queremos ofrecer a cidadanía e visitantes un espazo natural impecable, seguro e acolledor”.

Colaboración con CISAC e Tea Vivo

Xunto a estes labores, o Goberno municipal contactou tamén coas plataformas CISAC e Tea Vivo para establecer colaboracións que permitan entre todos e todas recuperar o máximo esplendor e dignidade dunha paraxe natural como a do río Tea e a do espazo lúdico da Freixa.

Dende o Concello faise un chamamento a veciños e veciñas para que extremen o coidado da contorna, sendo respectuosos e respectuosas co medio ambiente e recollendo os restos de lixo, unha colaboración fundamental para preservar e desfrutar plenamente deste espazo natural.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.