Galicia Vigo al minuto

Este venres e o sábado, folga na RTVG

Os profesionais denuncian marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Os profesionais denuncian marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Traballadoras e traballadores da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) están convocados este venres e sábado a unha nova xornada de folga e de protesta. A mesma, baixo a lema ‘Non máis abusos’, súmase ás das últimas semanas e coincide co ‘Venres Negro 253, o que supón preto de 5 anos denunciando a situación do ente público.

Marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Os e as profesionais denuncian unha situación laboral «marcada pola marxinación profesional, o trato degradante, a denegación de dereitos, sancións, e a represión sobre as traballadoras críticas coa manipulación informativa e o desmantelamento da compañía». Por iso, hoxe están convocada, as 12:00h, unha concentración na Praza do Toural, en Santiago.

Traslados forzosos

Nesta liña, os representantes dos traballadores denuncian «traslados forzosos» como castigo, o que é «a manifestación máis recente de abusos laborais». Por iso, piden defender a dignidde dos profesionais que esixen «obxectividade, imparcialidade e veracidade», algo que, evidentemente non existe na información da RTVG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.