Cultura Vigo al minuto

‘Vangardas’ pecha o seu paso por Vigo cunha cifra récord de 10.000 visitantes

Estaba no Mar de Vigo dende o 15 de decembro

'Vangardas' pecha o seu paso por Vigo cunha cifra récord de 10.000 visitantes

Estaba no Mar de Vigo dende o 15 de decembro

A exposición inmersiva “Vanguardias” pecha o seu paso polo Auditorio Mar de Vigo cunha cifra récord de preto de 10.000 visitantes, cunha media de máis de 200 diarios. Así, ademais de público xeral, a exposición inmersiva atraeu a grupos interesados no mundo da arte ou visitas de colexios, institutos, centros de formación profesional. Estas visitas foron tamén un éxito, xa que ata 1.800 escolares participaron nestas actividades e visitaron a exposición.

Kandinsky, Modigliani o Munch

Esta exposición deu ao espectador a oportunidade de ver dende unha nova perspectiva a obra dalgúns dos artistas máis destacados destes movementos pictóricosque apareceron en Europa a comezos do século XX e que cambiaron a forma de facer e entender o arte para sempre. 

Para elo, grazas a unha sala inmersiva de 400 metros cadrados, os asistentes  puideron recorrer a obra ou simplemente observar a proxecciónescoitando a música e lendo o relato que acompañaba ás imaxes, que facía ao espectador viaxar entre as obras destes xenios da pintura. Unha visita que finalizaba nunha zona lúdica que permitía ata inmortalizarse interactuando nalgunha das pinturas exhibidas na mostra.

Unha exposición que permitiu sumerxirse e vivir doutro xeito as obras cubistas de Juan Gris, o suprematismo de Kazimir Malevich, a abstracción chea de música e cor de Kandinsky ou ese grito mudo expresionista de Edvard Munch; as obras de Juan Gris, Robert Delaunay, Kandinsky, Ernst Ludwig Kirchner, August Macke, Kazimir Malevich, Franz Marc, Amedeo Modigliani, Edvard Munch, Egon Schiele, Alexej von Jawlensky.

También te puede interesar