Cultura Vigo al minuto

A ruta literaria de Domingo Villar acapara interés estatal e internacional

Hay reservas ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel

Hay reservas ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel

Literatura e turismo consolidan un binomio perfecto en Nigrán grazas á novela de Domingo Villar ‘A praia dos Afogados’. A proba é que a ruta literaria presentada polo Concello de Nigrán na Feria Internacional de Turismo (FITUR) está a despertar interés estatal e internacional.

O resultado desta aposta é que un grupo de alumnos senior de Filosofía da Universidade de Barcelona realizou este sábado unha visita guiada privada organizada desde o Concello á que se sumará máis dunha decena ata abril, entre elas a do clube de lectura da Universidade de Kiel (Alemania). A eles súmanse institutos de toda Galicia (Palas de Rei, Valadares, A Guarda ou Vigo) e Escolas de Idiomas como a de Ferrol.

Roteiros para todos os públicos

Ao marxe destas andainas guiadas o Concello realizará roteiros abertos ao público no Día do Libro (23 de Abril), no cabodano de Domingo Villar (18 de Maio) e durante todo o verán.

«Tivemos a sorte de que Nigrán sexa o escenario principal desta obra que vive actualmente un rexurdir; Domingo Villar continúa sendo o noso mellor embaixador e a proba e o interese que desperta este roteiro», recoñece o alcalde, Juan González, quen desexa deste xeito «manter viva a memoria de Domingo», falecido o ano pasado.

«Sabíamos que iba a ter unha excelente acollida porque a súa obra interesa a milleiros de persoas, pero ademais, o roteiro resulta espectacular porque recompila algúns dos lugares máis fermosos de Nigrán e que el tan ben describe na novela, como poden ser Monteferro, a Praia da Madorra, Praia América, Panxón ou o Templo Votivo».

Leo Caldas

Esta andaina literaria esta plasmada nun folleto turístico específico que elaborou o Concello e que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas (as persoas interesadas poden atopalo físicamente na Oficina de Turismo de Panxón ou descargalo directamente na web www.nigran.es).

Da praia da Madorra ao Monumento á Mariña Universal

Esta andaina ten una lonxitude de 4,5 km divididos en 5 paradas e unha duración estimada de 2,5 horas cun grado de dificultade media. Seguindo o propio discorrer da novela, arranca na Praia da Madorra, onde aparece o cadáver maniatado dun mariñeiro que abre a investigación. A continuación continúa no Porto de Panxón, onde se atopa a lonxa ou a taberna ‘El Refugio del Pescador’, ademais das nasas ou embarcacións tradicional moi mencionadas no libro.

A terceira parada é o Templo Votivo do Mar do arquitecto Antonio Palacios, lugar onde o inspector Leo Caldas se entrevista co párroco e cuxo interior contén mosaicos de esceas de naufraxios. Seguidamente, o camiñante debe dirixirse cara a península de Monteferro para visitar Punta Lameda, zona onde aparece afundida a barco de ‘O Rubio’. Finalmente, conclúe no Monumento á Mariña Universal, contorna cuxas vistas sorprenden a Rafael Estévez, axudante de Caldas. Estas cinco ‘paradas’ figuran xeolocalizadas, con cadansúa frase da novela vinculada a esa zona en concreto e, a maiores, cunha breve información turística ao respecto.

A praia dos Afogados’

Publicada no ano 2009, trátase da segunda entrega da famosa triloxía de novela negra de Domingo Villar. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería simplemente outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.