Galicia Vigo al minuto

Israel impide a entrada a eurodeputada Ana Miranda, que integraba unha misión do Parlamento Europeo

Estivo ‘retida’ 6 horas e foi deportada

Estivo ‘retida’ 6 horas e foi deportada

O BNG considera un «escándalo» que despois de que Israel autorizara oficialmente a entrada da eurodeputada Ana Miranda antes do inicio da misión como integrante da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento
Europeo,
no aeroporto de Tel Aviv denegaran o seu ingreso no país, alegando novamente a causa da participación na Flotilla Internacional rumbo a Gaza de 2015.

«Ocupación e apartheid de Israel co Pobo Palestino»

Miranda formaba parte da delegación oficial que chegaba onte a Palestina. Despois de que a parasen no control da fronteira e tras máis de 6 horas de agarda a ter noticias oficiais de Israel, foi avisada da expulsión con total falta de
respecto e arrogancia
.

“Que finalmente non me deixen entrar é o prezo a pagar por defender os dereitos humanos e denunciar a ocupación e o apartheid que Israel practica co Pobo Palestino”, manifesta Miranda, quen foi deportada ás 06:15h. no primeiro avión con destino a Madrid.

Presión do Parlamento Europeo

Dende o momento no que a retiveron no aeroporto, comezou a presión diplomática da Delegación da UE en Xerusalén e do Gabinete da Presidenta do Parlamento Europeo, así como o contacto da Embaixada española, mais de novo, Israel abusa con total impunidade non respectando aos membros do Parlamento Europeo nin unha delegación oficial da Eurocámara.

O BNG denunciará está vulneración diplomática e de falla de respecto da inmunidade parlamentar tanto no Parlamento Europeo, como no Congreso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.