Galicia Vigo al minuto

As traballadoras e traballadores de Stellantis Vigo son de ‘pura sangue’

Superan as 72.000 doazóns dende 1995

Superan as 72.000 doazóns dende 1995

A primeira campaña de doazón de sangue do ano 2023 que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizou nas instalacións de Stellantis Vigo, saldouse cunha notable participación de 678 traballadores e traballadoras. Coa súa doazón acadadan as 72.470 acumuladas desde o ano 1995.

A planta acolleu durante os días 24, 25 e 26 de xaneiro, e do 2 de febreiro, a primeira das catro visitas anuais que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ten programadas para o 2023.

Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere poñer en valor a colaboración dun  dos centros fundamentais do aparello produtivo de Galicia que, desde sempre, amosou a súa implicación coa sociedade galega e co altruísta xesto da doazón, tanto de sangue coma de órganos.

28 anos de xenerosidade

Desde o ano 1995, o Centro de Vigo do Grupo Stellantis comezou a albergar campañas de doazón de sangue que, no presente, afianzan a esta empresa como un referente no territorio nacional, sendo a compañía española con maior número de doazóns.

Cómpre subliñar que grazas a colaboración dos 678 profesionais da empresa viguesa que doaron sangue nesta primeira campaña anual promovida por ADOS, poderán realizarse, por exemplo, máis de 335 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 140 enfermos oncolóxicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.