Vigo al minuto

Veciños de Teis alertan dunha nova rotura na tubaxe da auga, na Subida á Ponte

Aseguran que esta situación repítese dende hai anos

Veciños de Teis alertan dunha nova rotura na tubaxe da auga, na Subida á Ponte

Aseguran que esta situación repítese dende hai anos

A Asociación Veciñal de Teis denuncia que, “desde hai como mínimo dez anos, prodúcense roturas na rede de abastecemento de auga a veciñanza  da Subida a Ponte. Este luns, engaden, produciuse a última na esquina coa rúa Gerardo Campos Ramos.

Corte de subministro e corte do tráfico

Esta nova rotura, apuntan dende a asociación, supuxo o corte do subministro de auga durante varias horas e un  corte do tráfico que afectou ao Camiño da Balbarda.  

Trátase de incidentes que, subliñan os veciños, “prodúcense con moita frecuencia debido ao mal estado da rede de abastecemento de auga, ao tratarse dunha rede de fibra de cemento” e demandan unha solución.

Rúa párroco Don Serafín

A Asociación Veciñal xa advertira o pasado día 21 de outubro de outro caso semellante na rúa párroco Don Serafín, que tratouse con responsables do Concello de Vigo, que se comprometeran a realizar, “nuns meses“, un proxecto para realizar a substitución desta tubaxe. Hoxe, 90 días despois, “a situación da rúa segue cun remendo e non hai unha data para a renovación do abastecemento”.

También te puede interesar