Sucesos Vigo al minuto

Os lumes arrasan xa 19.000 hectáreas

Os dous principais en Carballeda e o Barco, con 4.600 hectáreas, e no Courel, con 4.500

Os lumes arrasan xa 19.000 hectáreas

Os dous principais en Carballeda e o Barco, con 7.600 hectáreas, e no Courel, con 4.900

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, os lumes que están activos en Galicia arrasaron xa 19.000 hectáreas e destruiron, por completo, cando menos 17 casas.

Ourense

O incendio que comezara na parroquia de Riodolas, en Carballeda de Valdeorras, queimou 7.600 hectáreas, chegando o domingo ao Barco de Valdeorras e seguindo en dirección a Sobradlo, Rubiá e Biobra.

As lapas achegáronse ás vivendas de Candela e Carballedo, o que obrigou a activar a ‘situación 2’, mentres 36 axentes, 69 brigadas, 35 motobombas, 11 avións, 10 helicópteros e 3 pas tentan acabar co lume.

En Vilariño de Conso outro incendio activo deixa xa 2.650 hectáreas queimadas no Parque Natural do Invernadoiro; ademáis outros tres incendios afectan á parroquia de Videferre, no concello de Oímbra (350 hectáreas); outro en San Cibrao (20 hectáreas) e o último en Rabal– estos dous últimos obrigaron, tamén a activas a ‘situación 2’ pola proximidade a Oímbra e Verín-.

Segundo Medio Rural, está controlado o incendio de Ribadavia, que queimou 65 hectáreas, foi necesario evacuar a 250 persoas e na parroquia de Alixo, no Barco, arderon 15 casas.

A esta supeficie hai que sumar a dos incendios xa apagados en Melón 98 hectáreas) e Cualedro (31 hectáreas).

Lugo

Arderon xa máis de 4.500 hectáreas nos lumes de Folgoso e Pobra de Brollón, no Courel. Na súa extinción participan 16 técnicos, 88 axentes, 130 brigadas, 84 motobombas, 18 helicópteros, 17 avións, 3 pas e integrantes da Unidade Militar de Emerxencia (UME).

Segue activa a ‘situación 2’ pola proximidade aos núcleos de Parada dos Montes e Carballal, en Folgoso, e Busto, na Pobra.

O lume orixinado na parroquia de Seceda, en Folgoso do Courel alcanza as 1.100 hectáreas queimadas e mantén activada a ‘situación 2’ pola proximidade das chamas ao núcleo de Gamiz. Tamén permanecen activos un incendio que comezara na parroquia de Ramil, en Palas de Rei, que afecta a 375 hectáreas, e na parroquia de Cereixedo, en Cervantes, que queimou 20 hectáreas.

Medio Rual informa de que están estabilizados o lume da parroquia de Donís, en Cervantes, que arrasou 75 hectáreas; tamén en Carvantes, o da parroquia de Nocedo, que quimou 15 hectáreas; en Outeiro, controlado no concello de Quiroga, cunha superficie afectada de 250 hectáreas e o de Antas de Ulla, que arrasou 40.

Está extinguido, tamén en Quiroga, o lume que arrasara, dende o xoves pasado, 83 hectáreas.

Pontevedra

Na provincia de Pontevedra está estabilizado o incendio que comezara na parroquia de Guillar, en Rodeiro, que queimou 200 hectáreas, e extingido o de Baredo, en Baiona, que quiemou 46 hectáreas.












También te puede interesar