Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo propón un ‘Bono de Consumo’ ante o impacto da inflación nas familias e no comercio local

Tería un custo para o Concello de 3,5 millóns de euros

Tería un custo para o Concello de 3,5 millóns de euros

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo propón a creación dun Bono de Consumo que permita mitigar «o grave impacto da inflación nas familias e no pequeno e mediano comercio local».

Aumento dos prezos dun 11,7%

Dende o BNG chaman a despregar todos os medios do Concello para enfrontar o actual contexto de «emerxencia social e económica» derivado dun «incremento disparado dos prezos», que se sitúa xa no 11,7% na cidade.

«Trátase dunha medida que permitiría incrementar a capacidade de compra dun número moi importante de familias da nosa cidade, para que estean en mellores condicións de sortear este período de graves dificultades, así como estimular o consumo no pequeno e mediano comercio local«, explicou o concelleiro do BNG en Vigo.

O mesmo que custan os concertos

Xabier P. Igrexas sinalou que este Bono de Consumo no comercio local sería semellante ao aplicado en numerosos concellos galegos durante a pandemia, «unha medida que o goberno de Abel Caballero se negou a poñer en marcha de forma sistemática».

Igrexas cifrou en 3,5 millóns de euros a partida inicial para este complemento, unha cantidade «lixeiramente superior» ao que se vai destinar este ano para os concertos de verán.

«Situación límite»

O concelleiro do BNG alertou dunha situación límite para centos de familias traballadoras viguesas que «teñen dificultades para afrontar os gastos máis básicos e garantir con medios suficientes a súa subsistencia material». Un crecente empobrecemento, asegurou, que se traduce nunha caída do consumo que afecta con especial dureza ao pequeno e mediano comercio da cidade.

Capacidade do Concello

Igrexas salientou que o Concello de Vigo dispón dunha «ampla capacidade orzamentaria» e ten que priorizar o uso deses recursos para «axudar a quen máis o necesita«, así como estimular ao comercio local que «dinamiza e vertebra os nosos barrios e parroquias e crea emprego digno e estábel».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.