Destacados Vigo al minuto

O BNG pide a paralización cautelar das obras dos chalés de Cabo Estai

Hai dúbidas sobre a titularidade real dos terreos

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de solicitar a paralización cautelar das obras para o proxecto de seis novos chalés en Cabo Estai, diante das graves irregularidades denunciadas pola Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

Dende o BNG reclaman que se aclaren estas anomalías antes de continuar coa construción desta urbanización en primeira liña de costa. 

A poucos metros do litoral

“Falamos dun proxecto a poucos metros do litoral que, para alén do seu evidente impacto paisaxístico e ambiental, está envolta en dúbidas e sospeitas fundadas, mesmo a respecto da titularidade real de parte dos terreos que se pretenden incorporar na construción”, destacou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de visitar a localización das obras xunto coa deputada no Parlamento galego e responsábel local, Carmela González, e o presidente da asociación veciñal de San Miguel de Oia, Ángel Goberna.

Ver o expediente urbanístico

O BNG pide ademais acceder á integridade do expediente urbanístico co que o departamento encabezado pola concelleira María José Caride deu o visto bo para a concesión da licenza municipal do proxecto. “Unha licenza que foi outorgada ademais no tempo de desconto, a poucos días de que se decretase a suspensión das mesmas pola aprobación inicial da modificación do novo PXOM”, subliñou o edil nacionalista.

Fincas «usurpadas»

Entre as irregularidades, desde a entidade veciñal denuncian que varias fincas foron usurpadas pola promotora para a construción dun vial de acceso. “Choca que se poidan autorizar actuacións que incluíron aterramentos a moi poucos metros do mar, ou se teña autorizado instalar unha escaleira de formigón directamente sobre as rochas da fachada costeira de Cabo Estai”, lamentou Igrexas.

Normas ambientais

A fronte nacionalista demanda por estes motivos a paralización das obras até garantir que cumpren de forma “escrupulosa” coas normativas ambientais e urbanística. “O tempo da barra libre, sobre todo no litoral, ten que darse por concluído”, concluíu o concelleiro do BNG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.