Galicia Sucesos

Concentración en apoio á veciña de Vigo agredida polo dono dun can ao que estaba maltratando

Acabou no hospital con fracturas na cara e golpes por todo o corpo

Concentraci´ón en apoio á veciña de Vigo agredida polo dono dun can ao que estaba maltratando

A Asociación AGA (Activistas Galegas Antiespecistas) convocan este domingo 3 de outubro en Vigo (12:00h. no Paseo Marítimo de Bouzas, diante da igrexa), unha concentración para «amosar a nosa solidariedade e apoio» a Noa Alonso, unha veciña de Vigo que o pasado venres foi brutalmente agredida polo dono dun can, ao que lle recriminou que maltratase ao animal e que acabou con fracturas na cara e golpes por todo o corpo.

Repulsa contra a violencia machista e o maltrato animal

As convocantes piden á cidadanía que amose para manifestar o seu rexeitamento por este comportamento cobarde e delictivo, ás administracións públicas a condea destes feitos e que dende a xustiza se tomen medidas máis contundentes que deixar en liberdade ao agresor cunha orde de alonxamento de 300 metros da vítima, que se proceda á retirada do can maltratado do seu dono e que non se lle permita ter animáis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.