Galicia Vigo al minuto

Así podes vacinarte contra a COVID sen cita previa

Os puntos de vacinación estarán abertos ata o xoves, día 30

O conselleiro de Sanidade, acompañado do secretario xeral para o Deporte, asistiu hoxe, no Hospital Álvaro Cunqueiro, a un acto dacampaña de concienciación da importancia da vacinación dende o deporte galego. O mesmo contou coa presenza de varios deportistas que compiten en diversas disciplinas.

Algúns destes deportistas presentes, que se incorporaron recentemente a Galicia e non estaban vacinados, o fixeron hoxe.

15 puntos abertos, sen necesidade de solicitar cita previa

Julio García Comesaña destacou que a Xunta ten abertos, ata o día 30, de maneira ininterrompida 15 puntos de vacinación en toda Galicia (Vigo: Hospital Álvaro Cunqueiro, de 9:00 a 21:00) onde é posible acudir sen cita para seren vacinado.

Tamén subliñou que a vacinación con cita a través de wassap (981 21 59 30), xa leva tramitadas nun par de días 600 solicitudes.

Máis do 90% dos galegos coas dúas vacinas postas

Remarcou, así mesmo, que «Galicia está nos mellores niveis de vacinación de todo o Estado», cun 93,5% de porcentaxe de poboación vacinada cunha dose e no 91,5% con dúas doses, subliñando que, esta fin de semana, puxéronse máis de 7.200 vacinas, das que 3.200 foron primeiras doses, 2.700 segundas e 1.300 terceiras doses en residencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.