Destacados Vigo al minuto

Comeza a vacinación de mozas e mozos de entre 12 e 16 anos

Desde o luns, día 23

El Sergas abre hoy el sistema de autocita para vacunar a estudiantes Erasmus

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de anunciar que a Xunta de Galicia comezará a vacinar aos mozos e mozas con idades compredidas entre os 16 e 12, a vindeira semana. 

Así o anunciou o titular de Sanidade, trala xuntanza mantida esta mañá co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na que se planificou a vacinación do alumnado de Educación secundaria.

Deste xeito, o vindeiro luns, día 23 de agosto, Sanidade administrará a vacina de Moderna aos rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos. Nomeadamente, no casos do estudantado con 12 anos, vacinarase inicialmente, a aquelas persoas que xa teñan cumprido a devandita idade, para posteriormente, ir incorporando ao plan de vacinación aquelas persoas que vaian cumprindo os 12 anos nos vindeiros meses. 

No que atinxe á vacinación do grupo con idades comprendidas entre os 16 e os 14 anos, esta levarase a cabo nas xornadas do vindeiro mércores e xoves, coa administración da vacina de Pfizer. 

O conselleiro de Sanidade remarcou que o comezo da vacinación deste grupo de idade “garante un inicio de curso todavía máis seguro”, dado que “para a semana do 13 ao 19 de setembro na que comezará o curso escolar, todo o alumnado susceptible de recibir a vacina contará coa pauta completa”. 

SMS dende hoxe

O proceso de citación do alumnado de 12 e 13 anos botará a andar na xornada de hoxe co envío de mensaxes de texto ao número de contacto que se teña asociado ás tarxetas sanitarias. Así, estas citas poderán comprobarse nas distintas aplicacións do Sergas.

Consentimento informado

No caso dos menores con idades entre 12 e os 15 anos, a característica diferencial deste procedemento, é que se precisará dun consentimento informado por escrito, asinado polo pai, nai ou titor legal do menor. Este documento, estará dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde para descargar. Ademais, deberase entregar no recinto de vacinación, en formato papel, cuberto e firmado. Con todo, este requisito lembrarase na mensaxe de citación, onde se incluirá unha ligazón directa para descargar do documento.

También te puede interesar