Galicia Vigo al minuto

O Grove, A Pobra, Cualedro, e Carballeda de Valdeorras, en nivel máximo de restricións

Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa e Vilagarcía, no nivel medio

O subcomité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e a Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Irixo, Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa e Vilagarcía.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 19 de abril.

Máis de 25.000 persoas chamadas a participar nos cribados poboacionais

Ao mesmo tempo, esta fin de semana o SERGAS vén de citar a máis de 25.000 persoas para que participen nos cribados que procuran identificar novos casos asintomáticos entre a poboación.

4.000 personas de entre 16 y 35 años en Vigo

No que atinxe a área sanitaria de Vigo, Saúde Pública definiu a realización de probas PCR ao grupo de poboación con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Deste xeito, preto de 4.000 vigueses están chamados a participar nos cribados desta fin de semana.

También te puede interesar